Cribados en Abegondo e Bergondo desde o venres pola tarde

La Voz

ABEGONDO

atr

O Sergas convocará por SMS aos veciños de 18 a 65 anos en os centros de saúde do municipio

25 mares 2021 . Actualizado ás 17:07 h.

A Consellería de Sanidade emprenderá desde este venres 26 de marzo un cribado para a detección de posibles casos de covid-19 entre a poboación de Abegondo  e Bergondo de 18 a 65 anos de idade. Será nos centro de saúde de San Marcos e San Isidro, respectivamente, e os veciños serán convocados polo Sergas por mensaxe SMS aos seus teléfonos.

En Abegondo realizarase un test de antígenos. Na propia cita informarase aos participantes do procedemento que se seguirá para comunicar os resultados. En principio, o cribado desenvolverase entre a tarde do venres e a xornada completa do sábado. «Poderase ampliar ao domingo se é necesario», apuntan desde o Concello. Con esta acción preventiva poderase detectar algún caso non rexistrado, de habelo, freando así as opcións de contagios. Esta acción de cribado foi acordada entre o alcalde, José Antonio Santiso, e o xerente da área Sanitaria, Luis Verde, para aclarar calquera dúbida ante a diferenza no número de casos activos que se constatou entre os datos do Sergas e os do centro de saúde.

No caso de Bergondo , están convocados case 2.700 veciños para realizar unha PCR, que comezará o venres ás catro da tarde.