Abegondo lanza as súas bolsas de estudo para todas as etapas educativas

Redacción ABEGONDO

ABEGONDO

CEDIDA

En o 2018 foron 376 veciños os beneficiados polo plan municipal

19 abr 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Os veciños de Abegondo xa poden tramitar a súa solicitude de bolsas educativas municipais. O Concello lanzou o seu plan propio de axudas económicas para apoiar o acceso a todas as etapas educativas. O prazo para optar ás bolsas estará aberto ata o 20 de maio. Así, no caso de infantil, cada solicitante leva 80 ou 60 euros, segundo a renda; en primaria leva 100 ou 75 euros; e en secundaria, 115 ou 90 euros. Os casos de solicitantes con renda superior ao 150 % do IPREM son denegados.

Na etapa de bacharelato, ciclos formativos e demais ensinos medios con carácter postobligatorio, a contía articúlase nesta convocatoria para axuda ao desprazamento e varía segundo a distancia desde a residencia ao centro educativo entre os 100 euros de mínimo e os 225 euros se a distancia é superior aos 15 quilómetros. Nos casos de solicitantes de Educación Especial, concederase o máximo das axudas.

O alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, explicou que «calquera investimento en educación debe ser prioritaria» e garante a pervivencia deste sistema yaconsolidado no municipio en vista da elevada cifra de solicitantes. O ano pasado foron 376 os veciños beneficiarios das bolsas municipais.