O BNG reclama aseos no parque infantil de Matogrande

La Voz A CORUÑA / LA VOZ

A CORUÑA

Imagen de archivo del parque infantil de Matogrande
Imaxe de arquivo do parque infantil de Matogrande CESAR QUIAN

A formación presentará un rogo oral porque, ante a ausencia destes, os nenos acoden aos do centro de saúde

07 dic 2025 . Actualizado á 13:55 h.

O portavoz do BNG no Concello da Coruña, Francisco Jorquera, presentará rogo oral no próximo pleno, este xoves 10 de decembro, para solicitar ao goberno local a instalación de aseos, incluso se son químicos ou portátiles, no Parque Infantil de Matogrande.

«Ao non existiren aseos no Parque Infantil de Matogrande, moitos rapaces e rapazas acoden aos baños do centro de saúde situado ao seu carón», expón Jorquera, que engade: «É obvio que esta circunstancia altera o normal funcionamento do centro, alén de que o uso dos aseos deste equipamento sanitario por parte das crianzas que xogan no parque infantil non é o máis recomendábel, pois nun edificio sanitario sempre pode haber persoas portadoras de virus e outros axentes infecciosos».

Por iso, desde a formación nacionalista formularán o rogo, «atendendo a demanda do persoal do centro de saúde, se proceda a instalación de aseos, aínda que sexan químicos ou portátiles, no parque infantil de Matogrande».

.