Investigan a un veciño de Miño por deixar morrer á súa cadela de inanición

La Voz A Coruña

A Coruña

Garda Civil

Abandonou a vivenda que tiña alugada e deixou no seu interior ao animal sen avisar a ninguén para que se fixese cargo

12 ago 2022 . Actualizado ás 08:45 h.

O Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da comandancia da Coruña investiga a un veciño de Miño como presunto autor dun delito de malos tratos animais por abandonar e deixar morrer á súa cadela de inanición.

Os feitos remóntanse ao pasado mes de outubro do 2021. Nese momento, o agora investigado abandonou a vivenda que tiña alugada e deixou no seu interior a unha cadela sen dar aviso a ninguén para que se fixese cargo do animal.

O Seprona iniciou unha investigación tras recibir o informe por parte da empresa de lacería de Abegondo que se encargou de retirar o cadáver do can. A necropsia que se lle practicou estableceu que a cadela presentaba un cadro de desnutrición severa e que a causa da morte foi un fallo multiorgánico por inanición prolongada.

A Garda Civil localizou ao propietario do animal e agora investígaselle como presunto autor dun delito de malos tratos animais. As dilixencias foron postas a disposición do Xulgado de Betanzos.