A cidade celebra os 150 anos da chegada de Rosalía de Castro

La Voz A Coruña / LA VOZ

A Coruña

Marcos Míguez

A ilustre escritora viviu catro anos na Coruña xunto ao seu esposo, o historiador Manuel Murguía

24 oct 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

A Asociación Cultural Alexandre Bóveda festexou os 150 anos da chegada da poeta Rosalía de Castro á cidade. A escritora viviu de 1871 a 1875 na Coruña. O historiador e esposo da novelista, Manuel Murguía, foi nomeado director do Arquivo Xeral do Reino e a familia mudouse ao número tres da rúa do Príncipe. As actividades para homenaxear á escritora comezaron na rúa San Andrés, pasaron pola que foi a súa casa e distintas charlas.

Na cidade hai distintos lugares que levan o nome da ilustre escritora: o teatro principal, unha rúa,un centro infantil, unha escola, unha estatua e os seus versos no xardín de San Carlos. «Devolver á escritora algo do que ela nos deu cunha serie de actividades para lembrar a efeméride e contribuír dalgún xeito par que a súa obra sexa aínda máis coñecida», afirma a Asociación Cultural Alexandre Bóveda.