Morás, en Arteixo, marca de superficie adxudicada nun polígono autonómico este ano

d. vázquez ARTEIXO / LA VOZ

A Coruña

MARCOS MÍGUEZ

A Xunta adxudicou cinco parcelas a empresas para instalacións loxísticas e relacionadas co comercio

07 may 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

A Xunta adxudicou 23 parcelas en sete polígonos industriais de Galicia. Dentro destas están as cinco do polígono de Morás , que suman 18.483 metros cadrados, a maior superficie adxudicada nun mesmo polígono no concurso deste ano, resaltan desde a Consellería do Territorio. A adxudicación neste parque situado en Arteixo acadou os 2.313.768 euros. As bonificacións aplicadas pola Xunta no caso de Morás ascenderon a 809.815 euros.

Aínda que non transcenderon as firmas que lograron estas parcelas, si que tres delas son para tres empresas que dedicarán o chan adquirido a instalacións loxísticas de diferentes sectores e dous, a actividades relacionadas co sector do comercio.

En total as adxudicacións nos sete polígonos acadaron os 5,78 millóns de euros, logrando os adxudicatarios máis de 2,6 millóns respecto ao prezo de mercado, segundo informouse tras visitar a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, onte o polígono de Bértoa en Carballo.