O pavillón do Ría do Burgo, escenario da carreira solidaria virtual Wings for Life Worlds Run

Dolores Vázquez CULLEREDO

A Coruña

Entidades como ENKI ou a obra solidaria de Aluman apoian o evento

08 may 2021 . Actualizado ás 18:17 h.

A ría do Burgo ía ser este domingo escenario da proposta solidaria Wings for Life Worlds Run, que dará comezo ás 13.00 horas e terá unha lonxitude de 7 quilómetros. Finalmente, debido á previsión de mal tempo será no pavillón do Ría do Burgo.

A organización anima a todas as persoas a que se inscriban na web deste evento (https://www.wingsforlifeworldrun.com/é/locations/app ) que se celebra de xeito simultáneo a nivel internacional para recadar fondos  para a investigación de lesións de medula.

A OMS indica que se producen ao ano entre 25 e 30 casos por millón de habitantes e os avances permiten unha maior calidade de vida, apoiados pola rehabilitación e sistemas robóticos de última xeración.

ENKI, Cefine neuroloxía, a Fundación ADCAI e a Fundación Aluman Obra Social apoian esta causa solidaria e representantes destas entidades realizarán por substitucións o percorrido de 7 quilómetros por a ría do Burgo, xunto a usuarios con distintas patoloxías neurolóxicas.

Algúns dos usuarios utilizarán o novo dispositivo de marcha Myosuit.