Unha veciña de Arteixo é detida por finxir a venda de cachorros de can por Internet

a voz ARTEIXO

A Coruña

garda civil

A Garda Civil localizou catro vítimas ás que se lles estafou un total de 2.610 euros

17 abr 2021 . Actualizado ás 11:13 h.

Unha muller, residente en Arteixo , foi detida pola Garda Civil como presunta autora de catro delitos de estafa. A arrestada finxía a venda de cachorros de can por Internet e logrou estafar a varias persoas un total de 2.610 euros.

Unha das vítimas interpuxo unha denuncia indicando que contactara cun anunciante de venda de cachorros de can de diversas razas nun coñecido portal de compra-venda en Internet. Tras acadar un acordo, ingresou o diñeiro pactado nunha conta bancaria pero non recibiu o envío do cachorro e pouco despois o anunciante cortou todas a vías de comunicación con el. Un equipo especializado da Garda Civil en delitos telemáticos descubriu no transcurso da investigación outras tres vítimas de situacións similares perpetradas pola mesma persoa. Os axentes lograron identificar a presunta autora da venda fraudulenta, que foi detida e posta a disposición do Xulgado de instrución de garda da Coruña.