A Deputación require acceder a Villa Julia en Bergondo para facer un estudo topográfico

d. v. BERGONDO / LA VOZ

A Coruña

Una de las protestas llevadas a cabo por los vecinos en la zona
Unha das protestas levadas a cabo polos veciños na zona CESAR DELGADO

A entidade segue agardando a que a Xunta se pronuncie sobre as súas alegacións contra a inclusión dunha árbore no «Catálogo de árbores senlleiras de Galicia»

09 abr 2021 . Actualizado ás 10:53 h.

A Deputación da Coruña notificou, a través do BOE, ao propietario de Villa Julia o requirimento para acceder á leira e realizar un estudo topográfico, despois de que non respondese o escrito enviado previamente. Desde a entidade indícase que se seguen así os pasos dop rocedimiento administrativo para poder redactar o proxecto para eliminar o punto negro da DP-0810, entre Guísamo e Guiliade, onde o ano pasado faleceu un ciclista atropelado, que se pretende ampliar e crear un paso para peóns.

A Deputación segue á espera de que a Xunta se pronuncie sobre as súas alegacións e as do Concello contra a inclusión dun magnolio da leira entre as árbores senlleiras de Galicia.

A alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez, explicou que «aínda que pareza un absurdo, debemos seguir os pasos que marca a ñei e somos conscientes de que isto aínda pode alongarse máis do desexado» polo que expresou o seu desexo de que «o propietario pense dunha vez por todas no interese xeral e faga caso ao requirimento».