Na librería Azeta da Cubela, que dirixe Suso Cambón, decidiron doar un de cada dez euros de compra durante a fin de semana á Cociña Económica

01 dic 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Suso Cambón ten claras dúas cousas, que non lle gusta nadita o asunto do black friday e que moita xente o está pasando mal. Por iso na súa librería Azeta da Cubela decidiu unir ambas as cuestións nun proxecto solidario. «Dende ou venres por cada dez euros de compra doamos un á Cociña Económica», explica. Onte finalizou a campaña e lograron xuntar 500 para entregar á entidade benéfica. Euro a euro, e co apoio dos clientes e amigos acadaron unha cifra redonda.