Arte confinada

A Coruña

CESAR QUIAN

Palexco e o Quiosco Alfonso acollen 128 obras de 42 creadores de diferentes xeracións co nexo común da creación durante o confinamento

01 dic 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Uns na sala de exposicións municipal de Palexco e outros no Quiosco Alfonso. Pero os 42 creadores que participan na mostra A nosa arte en corentena teñen como fío condutor a creación e o confinamento e os efectos da pandemia no seu traballo. Comisariada por Ánxela Caramés e Leticia Castromil, lograron reunir 128 obras de pintura, escultura, fotografía, estampaxe, ilustración ou videoproducción de autoras e autores nados entre as décadas dos 50 e os 90. «Esta exposición serve para convidar á reflexión, e mediante a creatividade facernos ver vos moitos cambios que esta pandemia está a provocar na sociedade», reflexionou a alcadesa Inés Rey durante a presentación. Citar aos 42 protagonistas ocuparía moito espazo, do mesmo xeito que as súas obras repartidas en dúas instalacións, pero son unha representación de moito nivel da arte coruñés.