Un empresario doa 3.000 cestas de Nadal

Pablo Portabales
Pablo Portabales A Coruña

A Coruña

EDUARDO PEREZ

A repartición será a partir do 14 de decembro, de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas, nun baixo próximo a Catro Camiños. Os interesados deberán acudir co seu DNI e un certificado do padrón

26 novs 2020 . Actualizado ás 08:07 h.

Para facerse cunha das 3.000 cestas solidarias só son necesarios dous requisitos. «Acudir co DNI e co certificado de empadroamento. É unha forma de evitar suspicacias porque só se entregará unha por familia para que chegue ao maior número de persoas posible», explica un empresario coruñés que prefire manterse no anonimato. Di que é consciente da realidade social que vivimos «agudizada polo covid-19», engade. A repartición de todo ese volume de cestas realizarase a partir do día 14 de decembro en horario de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas. O lugar de recollida por orde de chegada e coa documentación requirida será o baixo da rúa Santiago Rey Fernández-Latorre 116, onde estivo durante moitos anos o restaurante Manolito. «No caso de que non se repartisen todas as destinariamos á Cociña Económica ou ao Banco de Alimentos», comenta. A cesta-caixa inclúe produtos de primeira necesidade e de carácter do Nadal. A lista inclúe azucre, pasta, arroz, garavanzos, lentellas, sidra, aceite de oliva virxe extra, chocolate, latas de sardinilla, mexillóns ou bonito, pexego en almíbar e turróns de distintos tipos, entre outros produtos. Nalgúns casos, unha unidade e noutros, como o azucre, o fideo, o arroz ou a lentella pardina, dous paquetes. «Toda axuda é pouca, porque hai moitas persoas, moitas familias, pasando por momentos delicados», reflexiona este empresario que xa ten todo listo para poder distribuír as 3.000 cestas dentro de menos de tres semanas. Sin duda, este Nadal, ademais da máis diferente, será a máis solidaria da historia.