En marcha o observatorio de aves fronte ás illas de San Pedro

E. Mouzo, D. Vazquez A Coruña

A Coruña

E. Mouzo

Trátase dunha das actuacións tras a catalogación como Espazo Natural de Interese Local dos illotes

18 novs 2020 . Actualizado ás 10:11 h.

O pasado 7 de abril o Consello da Xunta, a petición do Concello, deu o visto e prace ao Plan de Conservación do Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Illas de SanPedro , convertendo así este lugar no primeiro da cidade en obter esa declaración. Tamén conta cun plan de conversación da contorna.

Este instrumento establecerá o réxime de usos e actividades. A Xunta destaca, entre outras iniciativas, a instalación dun observatorio para aves na costa máis próxima ao ENIL para desenvolver diversas actividades educativas, visita de colexios e a realización de estudos e análises das illas a resgardo.

E este miradoiro xa está en marcha, está a levantarse nas inmediacións da glorieta Vítimas do Terrorismo, na marxe máis próxima ao mar.

Construído en madeira, o miradoiro contará con tres ventás de observación. Dous deles dirixidos directamente cara ás illas De SanPedro , «un para estar de pé e outro que permitirá sentarse para desenvolver a actividade, os estudos. Outra ventá está dirixido cara ao oeste, cara ao monte.

O ENIL establecerá o réxime de usos e actividades. O plan de conservación, redactado polo Concello, establece a normativa e as medidas de xestión necesarias para garantir os valores naturais dese espazo nos próximos seis anos. Iso supón garantir a pervivencia das especies e hábitats presentes cunha serie de medidas, ás que se prevé destinar un financiamento de máis de 100.000 euros. 

Ademais do observatorio de aves, tamén se prevé un inventario das especies de flora, fauna e dos hábitats presentes nas illas e varios plans cos que conseguir a limpeza, mantemento e rexeneración de áreas degradadas, o fomento da biodiversidade e a erradicación de especies invasoras.