A UDC presenta a única guía de España de condución adaptada

La Voz A Coruña

A Coruña

CEDIDA

O reitor destaca que «as novas tecnoloxías deben ter alma»

02 mares 2020 . Actualizado ás 20:15 h.

O Centro de Investigación TIC (CITIC) da Universidade da Coruña presentou onte a guía Conducir desde a diversidade. Potenciando a autonomía na comunidade, a única existente en toda España sobre condución adaptada para persoas con doenzas neuromusculares. A preparación da guía foi dirixida pola investigadora do CITIC Thais Pousada, que contou coa colaboración de investigadoras da área de Intelixencia Artificial dese centro e alumnas do grao de Terapia Ocupacional. A guía foi editada pola Asociación Galega contra as Enfermidades Neuromusculares (ASEM), coa que o CITIC quere seguir colaborando. O reitor da UDC, Julio Abalde, destacou na presentación que «as novas tecnoloxías deben ter alma» e axudar a transmitir coñecemento.