Música para todos os gustos e públicos

LA VOZ A Coruña

A Coruña

Do reguetón ás panxoliñas, o acordeón ou a música electrónica soarán este sábado

11 dic 2019 . Actualizado ás 14:40 h.

De todo hai na axenda musical para este sábado. As citas multiplícanse en salas da cidade, e tamén da comarca, con estilos para todos os gustos e públicos. 

«Flamencotón»

OMAR MONTES E MÁIS

Sábado 7 de decembro • A Flor de Montouto, Abegondo • 22.00 horas • Entrada, 25 euros • O son flamencotón chega esta noite á mítica sala das Nogueiras, en Abegondo, que elixiu un cartel encabezado polo televisivo Omar Montes para celebrar a súa festa da mocidade. O boxeador e cantante, que se deu a coñecer pola súa relación con Isa Pantoja, Sobreviventes e GH VIP, seguro que interpretará o seu remix da Rubia ou o Alocao, co que se colocou no número 1 de Spotify España con Bad Gyal. O cartel inclúe moito máis, xa que tamén actuarán Haze, Daviles de Novelda, Dani M Flow, Sandra Calderón e FlowZeta.

Música electrónica

FANZINE FEST

Sábado 7 de decembro • Domus, Colón e Coliseo • Entradas, a partir de 15 euros • O Fanzine Fest pecha hoxe a súa quinta edición cun taller de construción de sintetizador na Domus (12.00 horas), concertos no Colón do dúo Galgo (12.00) e do multiinstrumentista Dorian Concept (19.00), e unha maratón final, a partir das 18.00 horas, na sala O Túnel. Ata ben entrada a madrugada, no Coliseo soarán , con acompañamento visual, as montaxes musicais de Lagoon, Fasenuova, Alienata, Roi, Lena Anderson, Levon Vicent e The Horrorist.  

Corais

CERTAME DO NADAL

Sábado 7 de decembro • 20.00 horas • Palacio da Ópera • Entrada libre ata completar capacidade • O Certame de Música Do Nadal acada a súa 28.ª edición cun cartel no que, ademais de Follas Novas, cantarán o coro infantil Adonai de Arteixo, as corais Sancta María Maris, O Eco e Sporting Club Casino, e o Orfeón de Alcoa.

 Rhythm and blues

J TEIXI BAND + DAVID O CORDAS & K'LANDRAKERS

Sábado 7 de decembro • 22.00 horas • Mardi Gras • Entradas, 10 euros en venda anticipada, 12 en despacho de billetes • J Teixi Band, o cuarteto formado por membros de Marmelada e Elegantes, chega a Galicia para presentar na sala de travesía da Torre o seu novo disco, Letra e música, con cinco temas novos e unha recompilación dos seus 18 anos de carreira. 

Blues, soul, jazz...

ANDHREA & THE BLACKCATS

Hoxe • 22.00 horas • Bâbâ Bar • Entrada, 8 euros • A banda de blues, á que se ja incorporado a tuba, recala na sala de Pérez Cepeda coa voz aveludada da vocalista e promete unha viaxe pola música negra. 

Metal

THE CONSPIRACY

Sábado 7 de decembro • 21.30 horas • Filomatic • Entrada, 7 euros • Os de Vilagarcía descargarán o seu metal extremo para encher de ruído vibrante a sala da rúa San José. 

Acordeón

FESTIVAL DE NADAL

Sábado 7 de decembro • 19.00 horas • Ágora • Entrada libre • A Asociación Amigos do Acordeón festexa o seu festival do Nadal coa súa orquestra e o dúo Caamaño-Ameixeiras.