Cruz Vermella busca familias de acollida para 50 menores

La Voz A Coruña / LA VOZ

A Coruña

Entre os pequenos hai grupos de irmáns e nenos con necesidades especiais

20 novs 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Coincidindo co Día dos Dereitos da Infancia, que se conmemora hoxe, a Cruz Vermella puxo en marcha unha nova campaña para promover o acollemento familiar e concienciar á poboación sobre a situación de nenos e adolescentes que por diferentes motivos non poden estar coas súas familias. Segundo os datos da entidade, en Galicia hai 50 menores á espera de atopar unha familia, 31 delas na provincia da Coruña, entre os que se atopan grupos de irmáns e pequenos con necesidades especiais.