Utopías e distopías a debate

La Voz

A Coruña

A vídeo-regueifa será na Fundación Luis Seoane

14 oct 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Hoxe Fundación Luis Seoane • 21.00 horas • O Festival de Cinema Fantástico, que se celebra ata o día 20, acolle hoxe o seu tradicional vídeo-regueifa na Fundación Luis Seoane. «Este enfrontamento reúne cada ano a centos de persoas que buscan gozar deste evento híbrido entre o show e a charla; irreverente en forma e lúcido en contido, onde creadores e comunicadores dialogan sobre o cinema fantástico, de terror, de ciencia ficción e a cultura popular», indican. Participarán Lois E. Froiz, erudito do cine, con Álvaro Dorda, un peso pesado da escena musical coruñesa, que tamén escribe e pinta. Nesta edición tocaralles debater sobre a temática utopías e distopías. Esta vídeo-regueifa é un duelo de videoplaylists, xa que os dous invitados deben preparar unha selección de vídeos de Internet sobre o tema proposto. Neste caso Froiz e Dorda proxectarán os seus vídeos de forma alterna «como nun combate por asaltos», indican desde a organización.