Arrinca a campaña de vacinación da gripe na Coruña

a voz A Coruña

A Coruña

CESAR QUIAN

Sanidade aumenta o período de vacinación e agarda vacinar a máis de 115.000 coruñeses

14 oct 2019 . Actualizado ás 16:25 h.

Chega o mal tempo e comeza a campaña de vacinación da gripe. Desde este luns ata o 27 de decembro, o que supón 11 semanas máis de campaña, os coruñeses poderán acudir ao seu centro médico para pórse a inxección. Á primeira hora da mañá, e escapando das intensas precipitacións, os primeiros cidadáns comezaban a acudir aos centros da cidade para armarse fronte a esta enfermidade vírica.

Sanidade agarda vacinar a máis de 115.000 coruñeses e entre as novidades deste ano España administrará por primeira vez unha vacúa tetravalente máis efectiva e incluirá aos prematuros co obxectivo de ampliar a cobertura do ano anterior. Ademais, dentro dun mes comezarán a enviarse mensaxes vía móbil aos grupos de risco que non teñan pedido cita para protexerse