Un aparello de pesca mobiliza a 20 persoas nunha operación de rescate na Coruña

a voz A Coruña

A Coruña

X. F.

Salvamento Marítimo activou a vinte bombeiros, policías e persoal sanitario do 061 despois de que un veciño alertase da presenza dun vulto flotando na zona do Aquarium

08 oct 2019 . Actualizado ás 21:39 h.

Un aparello de pesca enredado nunha boia na Coruña, diante do Aquarium Finisterrae, mobilizou esta noite a unha vintena de membros de equipos de rescate en busca dun suposto corpo flotando no mar que finalmente resultou ser unha maraña de redes. Foi un veciño quen chamou a Salvamento Marítimo pouco despois das 21.30 horas para alertar da presenza na auga dun vulto que podería corresponder a unha persoa na zona das Amorosas.

Salvamento mobilizou ao Grupo de Rescate Acuático do parque de bombeiros da Grela, que trasladou á Seismar para iniciar a procura por mar ante a falta de luz natural para facelo desde terra. Catro mergulladores a bordo da embarcación, outros catro desde as rocas, varias patrullas de Policía Local e Nacional, e un equipo sanitario do 061, en total unhas vinte presentas, segundo fontes do dispositivo, despregáronse pola zona, en presenza de decenas de curiosos que se foron concentrando no paseo marítimo no medio dunha enorme expectación.