O restaurante Faragulla da Coruña e Galipizza obteñen o selo Galicia Calidade

La Voz

A Coruña

miga
MARCOS MÍGUEZ

A súa aposta polos produtos galegos de excelencia fanos valedores da certificación

23 jul 2019 . Actualizado ás 14:51 h.

Un establecemento da Coruña, o restaurante Faragulla, e unha cadea galega, Galipizza, con presenza na cidade herculina, Culleredo, Viveiro, Ribadeo, Santiago de Compostela e Vigo son as dúas novas incorporacións que suma o selo Galicia Calidade. A certificación, coa que contan 117 empresas na comunidade, é un recoñecemento á súa aposta polos alimentos galegos de excelencia e tamén a a versatilidade das súas propostas gastronómicas.

Tanta Faragulla como Galipizza entran a formar parte da plataforma Galicia Lecer, que impulsa a Consellería de Economía, Emprego e Industria e que agrupa a establecementos de lecer, restauración e hostalería. Un dos requisitos que premiou a Xunta foi que ambos contan nas súas cartas con produtos avalados polos selos de certificación de «orixe Galicia».

migados
ANGEL MANSO

Restaurante Faragulla

Faragulla é unha casa de comidas ou bistró de cociña galega propiedade do chef carballés Adrián Felípez. O restaurante inaugurouse no 2016 na Coruña e a súa oferta  gastronómica céntrase no produto de tempada. «Miga funciona baixo un formato de cociña sen stock. O mar e os produtos da horta marcan a proposta do equipo», destaca a Consellería. Felípez formouse na alta cociña de Galicia e Cataluña, onde formou parte dos equipos de dúas estrelas MichelinO Celler de Can Roca e Bo.TIC. Tamén foi o creador dunha asesoría gastronómica dirixida a restaurantes. 

galipizza
MARCOS MÍGUEZ

Galipizza

Galipizza é unha cadea de restauración centrada na elaboración de pizzas artesanais innovadoras que naceu en Covas (Viveiro) en 1993. Na actualidade conta con seis establecementos, un deles na Coruña. «A aposta de Galipizza baséase nunha innovadora liña de pizzas que mistura novos sabores e produtos de calidade galegos, que normalmente non se utilizan na elaboración da pizza. Deste xeito, as pizzas de Galipizza substituiron a clásica mozarella polo sabor dos queixos galegos, fusionándoa coa comida tradicional galega como os grelos, as vieiras ou o raxo, e demostrando a gran adaptación e sabor dos produtos galegos», resalta o departamento de Economía da Xunta.