Adxudicadas as obras de mellora do firme en varias estradas da área

Redacción A Coruña

A Coruña

Dolores Vázquez

Entre outras vías realizaranse traballos na AC-163, a AC-214, a AC-415 e a AC-552

16 jun 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Adxudicouna á empresa Arias Infraestruturas S.A. as obras de mellora do firme en varias estradas autonómicas da área coruñesa por importe de 600.000 euros. Entre outras vías, mellorarase o firme dos viarios Sada-Mera, Oleiros-Espírito Santo, Guísamo-Sigrás, San Pedro de Nós-Mabegondo ou a AC-400 ao seu paso polos municipio da Laracha, Cerceda e Culleredo. Tamén levarán a cabo estes traballos de reparación na estrada AC-415 no termo municipal da Coruña, e na vía que conecta A Coruña con Cee (AC-552), nos termos municipais da Laracha e Carballo.