Queixas de pacientes na Casa do Mar pola folga nos PACs

La Voz

A Coruña

Os servizos mínimos do persoal sanitario dilataron as esperas ata tres horas

21 abr 2019 . Actualizado ás 00:20 h.

A folga nos Puntos de Atención Continuada (PACs) do Sergas suscitou este venres queixas entre os pacientes que tiveron que desprazarse á Casa do Mar. Unha persoa que acudiu á primeira hora da mañá para que lle fixesen unha cura lamentouse do tempo que tivo que agardar antes de ser atendida. «Levo tres horas agardando e decateime agora de que están en folga», explicou. Nos accesos, un letreiro advertía da folga do persoal sanitario e dos servizos mínimos. «Só emerxencias e atención urxente e non demorable», rezaba o cartel. 

Os traballadores dos PACs reclaman á Xunta dotacións completas para os centros, tanto de medicamento como de enfermería, e o cumprimento dunha serie de acordos sobre complementos retributivos de nocturnidade e festivos pendentes de executar desde o 2008