Os 20 anos de Xiradela

La Voz

A Coruña

A agrupación reuniu a máis de mil persoas no seu último certame de música tradicional

19 abr 2019 . Actualizado ás 12:46 h.

En Arteixo aínda resoan o ecos do concurso organizado por Xiradela, unha homenaxe á música tradicional e que congregou a máis de mil persoas na contorna do paseo fluvial arteixán. Van xa 20 edicións, ¡20!, e esta vez os de Xiradela chegaron a convocar 52 grupos de toda Galicia. Ninguén llo quere perder. Os grupos gañadores foron a EMUF de Betanzos, As Mosas do Hío da AC Peis d'Hos de Cangas, a Asociación Cultural Soalleira de Dorrón e Meniñas da Asociación Folklórica Tarambainas de Vigo.