Arquitecturas antigas da zona de Oza

La Voz

A Coruña

MARCOS MÍGUEZ

Abre as súas portas no Fórum a exposición «Fluxos 2», recompilada por José Carlos Alonso

03 abr 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Desde hoxe e ata o día 16 • Entrada libre • Hoxe abre as súas portas no Fórum Metropolitano a exposición Fluxos 2, na que se recollen os planos dun total de 82 edificios históricos da Gaiteira, Os Castros e As Xubias, a maioría deles construcións residenciais e comerciais. Duns cantos hai, ademais, fotografías, recompilado todo por José Carlos Alonso.