Tres meses de obras e nin rastro das pasarelas sobre a N-VI

Elena Silveira
E. Silveira OLEIROS / LA VOZ

A Coruña

Elena Silveira

Usuarios piden que se melloren as condicións de seguridade

09 feb 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O pasado mes de novembro iniciáronse as obras para a instalación de dúas pasarelas peonís na antiga N-VI (actualmente denominada AC-12) ao seu paso por Perillo, en Oleiros. Con todo, tal e como explican veciños e empresarios da zona, as obras avanzan a un ritmo moi lento e, tres meses despois do inicio dos traballo, tan só se fixo as escavacións para as novas canalizacións de servizos. Algúns usuarios e veciños da zona queixáronse tamén da falta de seguridade xa que ao eliminarse a beirarrúa o paso para os peóns debe facerse por dentro dunha estación de servizo ou a escasos centímetros da beiravía. A obra foi adxudicada por importe próximo ao millón de euros e cun prazo de execución de oito meses.