Música arxentina co piano de Claudio Méndez

La Voz

A Coruña

cedida

O músico estará na Agrupación Musical Albéniz

19 ene 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Esta tarde • 20.30 horas • Agrupación Musical Albéniz (Praza de Azcárraga 12.13, baixo) • O pianista arxentino Claudio Méndez ofrece esta noite un recital cun programa composto por pezas de grandes compositores da música popular arxentina, como Adolfo Ábalos, J. Carlos Cobián, Horacio Salgán, Ariel Ramírez, Héctor Stamponi, Carlos Guastavino ou Mariano Mores, entre outros. Un percorrido a través do infinito legado dos grandes pianistas do tango e o folklore arxentinos.