07 ene 2019 . Actualizado ás 11:25 h.
O programa Voces da Coruña, que dirixe o xornalista Pablo Portabales, estreou unha nova sección dentro do horario diario do magazine matutino de RadioVoz. Trátase dun faladoiro cidadán a través da que se irá tomando o pulso á actualidade local máis próxima ao oínte.