Voces da Coruña, coa arte

La Voz A Coruña

A Coruña

04 dic 2018 . Actualizado ás 14:46 h.

Un ano máis o programa Voces da Coruña sortea o cadro da portada do catálogo da Feira dá Arte Galega. Nesta ocasión entrarán no sorteo todos aqueles oíntes que lle dean un Gústame á páxina de Facebook da Feira.

Feirart abre as súas portas entre o 6 de decembro e o 5 de xaneiro no Hotel Hesperia de Juan Flórez. Son 40 artistas galegos e máis de 1.500 obras orixinais con entrada gratuíta de luns a domingo. O autor da portada que se sortea no programa é Morato Porto. O 28 de decembro coñecerase o gañador.