A Xunta apoia As Brañas como Espazo Natural de Interese Local

A Coruña

Dolores Vázquez

Establece un período 20 días de información pública do expediente

07 novs 2018 . Actualizado ás 11:40 h.

A Xunta informa hoxe vía Diario Oficial de Galicia que apoia a petición do Concello de Sada para que o humidal das Brañas sexa declarado Espazo Natural de Interese Local (ENIL). A Dirección Xeral de Patrimonio Natural establece un período de información pública na tramitación durante 20 días. A consellería comprométese xa a pór en práctica as medidas de conservación e declárao provisionalmente ENIL.