A Xunta esixe a Alcoa o levantamento do expediente de regulación de emprego

Montse Carneiro A Coruña / LA VOZ

A Coruña

Marcos Míguez

Simultaneamente, insta a formar unha fronte común e que o Estado determine o marco enerxético para o 2019

19 oct 2018 . Actualizado ás 14:36 h.

O comité de empresa de Alcoa  reuniuse esta mañá co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, e co conselleiro de Industria, Francisco Conde. Nesa cita deixáronse claras as intencións de formar unha fronte común co Principado de Asturias e o Goberno Central para loitar contra o peche das dúas plantas de Alcoa. Para abordar o problema seguirase unha folla de ruta que consta de dúas vías que levarán a cabo de forma simultánea.

Por unha banda, a Xunta vai solicitar a Alcoa que levante o expediente de regulación de emprego . Por outro, pide ao Goberno Central que estableza un marco enerxético estable para o 2019 a partir do que se poida definir a viabilidade da actividade para o próximo ano. Conde explicou que, ata agora, todos os anos, «mentres gobernou o Partido Popular en Madrid», foise fixando un marco enerxético que foi permitindo que a actividade de Alcoa continuase. 

O comité de empresa de Alcoa tamén foi recibido esta mañá polo delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, quen considera que non se trata dun problema enerxético, senón que atribúe o conflito a falta de investimentos: «A culpable desta situación é a empresa, que deixou que a competitividade se perda, pero non polo desempeño dos traballadores, senón por falta de investimento e por non ter cambiado as formas de produción», expresou.

O presidente do comité de empresa da factoría de Alcoa na Coruña, Juan Carlos López Corbacho, agradeceu a «vontade» por «buscar unha solución» por parte das Administracións, pero advertiu que os «paus» entre elas «prexudican» este proceso, no que, di, «hai solucións» que non sexan o peche de dúas fábricas. 

«Se ou problema son vos custes, ou goberno de España está disposto a traballar para darlle futuro á empresa»

O secretario xeral do PSdeG reúnese cos traballadores de Alcoa para 

M. Méndez

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, acompañado do socialista Xaquin Fernández Leiceaga, reuniuse esta mañá cunha representación dos traballadores na factoría da Grela. Aquí confirmou que o goberno ten en marcha unha folla de ruta que inclúe unha reunión de traballo para o vindeiro martes.«Vanse reunir o goberno, coa administración autonómica, representantes da empresa e coa compañía», avanzou Caballero. «A responsabilidade de Alcoa, que obtivo inxentes cantidades de fondos públicos, é manter os postos de traballo en A Coruña e Avilés. A súa decisión non está xustificada», dixo Caballero. Sobre o problema dos custos da enerxía que a multinacional alega, son un dos motivos do seu peche, engade: «Se o problema son os custes, o goberno de España, falei esta mesma mañá coa ministra, está disposto a traballar para darlle futuro á empresa é ós centros de traballo. Pero, hai mais elementos sobre a mesa que teñen que ver con cuestións da empresa. En todo caso, os socialistas imos traballar para que non jaca nungún motivo de custes que poida xustificar o peche dunha planta con futuro».