«Serramoura», a mellor serie de televisión, hoxe no CGAI

La Voz

A Coruña

-

A filmoteca de Durán Loriga dedica unha sesión á serie de Voz Audiovisual na súa repaso ás producións premiadas nos Mestre Mateo

18 may 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) segue esta tarde coa proxección das obras gañadoras dos Premios Mestre Mateo. Así, ás 18.00 horas, haberá unha sesión dedicada a Serramoura , a produción de Voz Audiovisual que emite Televisión de Galicia e que por cuarto ano consecutivo recibiu o premio á mellor serie de televisión. Para Fernanda Tabarés, directora de Voz Audiovisual, «a posibilidade de que vos espectadores de Serramoura poidan vivir a experiencia de ver a serie en pantalla grande é interesantísima». Tamén hoxe, ás 20.30 horas, proxéctase Peter Brando, mellor serie web.