Compartir sorrisos para potenciar as doazóns

La Voz

A Coruña

EDUARDO PEREZ

13 dic 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Desde onte e ata este venres, pode visitarse no hall de entrada do cuarto piso do Chuac a exposición Trasplantando sorrisos, un a mostra que serve como recoñecemento aos centros médicos e os profesionais que converteron a España nun referente mundial en transplante de órganos.

Nesta exposición itinerante, que escolleu ao hospital coruñés polo seu destacado labor neste campo, reflíctense os logros dos distintos centros sanitarios, á vez que fai un chamamento á doazón de órganos.