Un clásico da animación europea da man de Ío

La Voz

A Coruña

cedida

08 dic 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Hoxe e mañá • 20.30 horas • O Fórum Metropolitano continúa co ciclo de cine organizado pola Agrupación Astronómica Ío no que hoxe e mañá proxectarase O planeta salvaxe, clásico do cine de animación europeo e tamén todo un referente da ciencia ficción que contou cun guion e un deseño realizado por Roland Topor e que finalmente foi dirixida por René Laloux. Na sesión de hoxe, o escritor Xabier P. Docampo ofrecerá unha presentación e moderará o coloquio posterior á proxección da película.