Abegondo licita por 185.000 euros a rehabilitación da reitoral de Mabegondo

La Voz ABEGONDO / LA VOZ

A Coruña

CÉSAR DELGADO

O prazo de execución é de seis meses

17 oct 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello de Abegondo sacou a licitación por importe de 185.000 euros e un prazo de execución de seis meses os traballos de rehabilitación da casa reitoral do San Tirso de Mabegondo. Situada nun centro neurálxico do municipio, a pé da rotonda, o Concello logrou no 2015 a cesión do inmoble por parte da Igrexa, xa que estaba en desuso. O seu destino será acoller a sede da Reserva de Biosfera As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, que actualmente ocupa a antiga cámara agraria de Abegondo, con espazo moi reducido para as súas necesidades de programas de formación e de emprego, segundo indicaron desde o Concello. A reitoral, que ten dúas plantas rectangulares de 180 metros cadrados de superficie útil cada unha, reservará así mesmo dependencias para o desenvolvemento de actividades municipais por parte dos veciños.

A rehabilitación suporá a redistribución de espazos e a urbanización da contorna.