CONTIDO PATROCINADO

No Día Mundial da Alimentación, Vegalsa-Eroski lembra a importancia de que existan etiquetaxes que faciliten a comprensión do consumidor para que poidan escoller os produtos máis saudables. Os alimentos da marca Eroski contan cun dobre semáforo para evitar calquera confusión

A información referente a os produtos e servizos, así como á forma en que se comunica, son aspectos fundamentais de transparencia e de compromiso. Por iso, os clientes e consumidores de Vegalsa-Eroski teñen á súa disposición toda a información dispoñible para poder realizar valoracións xustas e coherentes coas súas necesidades. Van máis aló do cumprimento da lexislación vixente nesta materia para así achegar maior coñecemento e capacidade de decisión aos seus clientes.

O que se busca con esta iniciativa é achegar a todas as persoas os seus produtos e servizos para que poidan xerar opinións formadas a través da etiquetaxe e a información dos envases

Nos produtos de Vegalsa-Eorski existen dous tipos de etiquetaxes que fortalecen a toma de decisións fundamentada polo consumidor co obxectivo de que escolla a mellor opción para as súas demandas. Por unha banda está Nutriscore, unha etiquetaxe nutricional validado polo Ministerio de Saúde e que permite establecer unha valoración nutricional sinxela e comparable con outros produtos semellantes, complementando a información establecida pola normativa e ofrecendo máis posibilidades de decisión ao consumidor. En 2019 lanzáronse os primeiros produtos con esta etiquetaxe e, actualmente, toda a marca propia Eroski inclúe Nutriscore.

Doutra banda está o Semáforo nutricional, unha ferramenta complementaria a Nutri-score que facilita información detallada sobre a achega nutricional dos alimentos e permite interpretar se son adecuados para as necesidades do consumidor. Este segundo indicador colocou á cadea de supermercados como pioneiros en facilitar a toma de decisións ao comprador.

Sensibilización desde idades temperás

A través de actividades de sensibilización e fomento de hábitos sostibles, puxéronse en marcha uns talleres infantís para achegar a sustentabilidade a escolares de Educación Primaria de colexios de Vigo, estruturándoos en dous bloques temáticos: a saúde e a sustentabilidade local e o coidado do medioambiente.

No apartado de coidado de medioambiente, os alumnos aprenden a sensibilizarse coa redución do consumo de plástico e, entre outros talleres, descobren como facer unha bolsa sostible con mallas de redes de pesca e materiais reciclados.

Tamén se impulsaron talleres de alimentación saudable e responsable nos que os asistentes aprenderon, entre outras cousas, a identificar os distintos grupos de alimentos a través do prato de Harvard, fomentar a sustentabilidade a través do consumo dos produtos locais e a valorar a importancia de ter hábitos de consumo responsables e o coidado do medioambiente e a súa contorna.

Para dar aínda maior continuidade ao compromiso en cuestións de saúde e sustentabilidade, os traballadores tamén se implicaron xunto con clientes e grupos de interese no decálogo no que se resumen os compromisos que Veglasa-Eroski asumiu para contribuír nos próximos anos a unha sociedade con maiores índices de saúde e benestar: seguridade alimentaria, alimentación equilibrada, prevención da obesidade infantil, atender necesidades nutricionais específicas, favorecer un consumo responsable, ofrecer máis produtos locais, facilitar comer ben a bo prezo, actuar con claridade e transparencia, coidarse como traballadores e impulsar un estilo de vida máis saudable.

Loita contra a obesidade infantil

A maiores, co obxectivo de contribuír a reducir os altos niveis de obesidade, sobre todo entre a poboación infantil, leváronse a cabo diferentes iniciativas para promover uns hábitos de vida e alimentación saudables desde a infancia. Ademais, promover a Dieta Atlántica como dieta saudable e non restritiva que promove o consumo responsable é outro dos puntos fortes da proposta.

En 2020 comezáronse a impulsar iniciativas para a divulgación de pautas de nutrición equilibrada e hábitos para unha vida sa, da man de organizacións sociais coas que levan anos colaborando.

Unha das máis rechamantes é o recetario “Péquelos á Mesa”. Da man de Cruz Vermella Española, e coa colaboración de recoñecidos profesionais como o pediatra Alfonso Amado, a nutricionista Lidia Folgar e as chefs Ana García e Beatriz Sotelo xestouse un proxecto de receitas saudables para familias con nenos e nenas menores, xunto a consellos nutricionais e pediátricos para unha correcta alimentación infantil.

O recetario recolle 30 receitas con produtos de tempada e de proximidade, e con prezos económicos, que se distribúen en opcións para almorzo, comida, merenda e cea. Os beneficios obtidos pola súa venda nos Autoservicios Familia, Hipermercados Eroski e supermercados e Eroski Center están destinados ao proxecto de Promoción do Éxito Escolar para nenos e nenas en dificultade social de Cruz Vermella Española en Galicia, cuxo obxectivo é ofrecer aos menores un reforzo educativo durante o curso escolar así como actividades orientadas a promover a educación en valores e os hábitos de vida saudables.

Pero as receitas van máis aló do mencionado recetario, xa que a través do acordo que formalizaron en 2019 Vegalsa-Eroski e a Fundación Dieta Atlántica puxéronse en marcha diversas accións que permiten divulgar as bondades deste patrón de alimentación entre a sociedade, a través de ciclos de charlas saudables ou accións nos establecementos, entre outras. Promover este tipo de dieta como modelo de alimentación saudable e aliada da lonxevidade é o obxectivo principal, aproveitando para dar a coñecer os beneficios de consumir alimentos de proximidade.

A aposta polos produtos frescos e de tempada nas rexións que ten presenza é un valor fundamental sobre o que se sustenta a actividade de Vegalsa-Eroski. Ao longo de toda a súa traxectoria, a compaña sempre estivo moi preto dos seus provedores traballando no día a día para ofrecer produtos de proximidade coa mellor relación calidade-prezo aos seus consumidores.

En Galicia contamos coa mellor despensa de produto fresco do país. Grazas á aposta de Vegalsa-Eroski polo produto galego e á relación de confianza que sempre mantiveron cos seus provedores de proximidade é posible traballar man a man para que non falten produtos nos fogares dos seus clientes. Este compromiso vese reflectido no investimento anual en produto local, que en 2020 acadou os 400 millóns de euros supondo o 40% das compras totais.

O resultado hase traducido nun impulso cara ao sector primario máis sostible e a manter unha alta diversidade do tecido produtivo das comunidades autónomas nas que ten presenza. E é que as cifras lles avalan: traballan con máis de 900 provedores locais de Asturias, Galicia e Castela e León.