CONTIDO PATROCINADO

Reducir, reutilizar e reciclar. A famosa regra das «3R» imponse na empresa galega. Vegalsa-Eroski xa aposta por tendas ecoeficientes, decláralle a guerra ao plástico e proponse reducir as emisións un 20 % no prazo de cinco anos

Paula Lameiro

Nos últimos meses, a crise sanitaria provocada polo covid-19 e as medidas adoptadas para frear o seu avance están a acaparar toda a nosa atención. Con todo, os problemas globais que existían antes da pandemia non desapareceron. Hoxe conmemórase en todo o mundo o Día Internacional contra o Cambio Climático, un bo momento para lembrar o importante papel que xogan as empresas para protexer o noso futuro e o do planeta.

Na actualidade, moitos agricultores xa están padecendo as consecuencias do cambio climático: secas, inundacións e outras anomalías climatolóxicas que poden chegar a impedir a produción dos alimentos necesarios no futuro. É por iso que as empresas do sector alimentario están chamadas a liderar a batalla polo clima.

Vegalsa-Eroski -compaña líder da distribución comercial en Galicia- quixo ir un paso por diante e elaborou un plan para liderar a sustentabilidade na comunidade galega. «O obxectivo principal é minimizar o noso impacto sobre o cambio climático e o uso sostible dos recursos dispoñibles, así como unha xestión responsable dos residuos», explican desde a empresa.

En 2018, a compaña incorporouse á plataforma europea Lean & Green, cuxo propósito é axudar a empresas de todos os sectores a reducir as súas emisións de gases de efecto invernadoiro derivados das actividades loxísticas, co fin de acadar os obxectivos definidos no Cume do Clima de París (COP21). Dentro desta iniciativa internacional, Vegalsa-Eroski marcouse como obxectivo reducir as emisións asociadas á súa cadea de subministración ata un 20 % nun prazo máximo de cinco anos.

Guerra aos plásticos

Se por algo se caracteriza a historia é polo seu afán por encasillar os diferentes acontecementos en etapas: a Idade de Pedra, do Bronce, do Hierro … Seguindo este patrón, dentro duns anos os libros poderían falar desta época como a Idade do Plástico. Parece que non podemos vivir sen este material, aínda que nos últimos tempos converteuse no gran inimigo a erradicar. Practicamente todos os estados declararon a guerra ao plástico e as primeiras vítimas foron as bolsas dos comercios.

Para reducir o uso das tradicionais bolsas de plástico nas súas tendas, Vegalsa-Eroski inclúe -desde comezos de 2019- solucións sostibles como as bolsas de papel con selo FSC, que son 100 % reciclables. Nas seccións de frescos, tamén dispón de mallas reutilizables para a compra de froita e verdura a granel, e cun proxecto de proba de bolsas compostables en charcutería, carnicería e froitería. Ademais, para reducir o consumo de papel, estendeu á súa rede comercial a opción do billete dixital, dentro da nova versión da App de Eroski, ofrecendo así a posibilidade de consultar e descargar o recibo da compra como alternativa ao tradicional de papel.

A compaña galega incorporou igualmente produtos envasados con materiais compostables e biodegradables na sección de froitas e verduras, eliminando as bandexas de plástico e substituíndoas por outras de cartón reciclado e alveolos de celulosa para as froitas.

Compras en espazos sostibles

Outra das grandes tendencias á que tamén se están sumando as empresas galegas na súa loita contra o cambio climático é a aposta polas tendas ecoeficientes. Aquí, ao contrario do que poidan pensar moitos, non se trata simplemente de vender produtos ecolóxicos, reciclados ou con certificado biolóxico. Unha tenda ecoeficiente vai máis aló e busca reducir o impacto sobre o medio ambiente actuando en todos os procesos da vida do establecemento, desde o deseño ata a xestión de residuos e a explotación da propia tenda.

Neste punto, Vegalsa-Eroski volve enarborar a bandeira sostible. A compaña aposta pola implantación de modelos de tendas ecoeficientes e, para iso, conta con medidas de eficiencia enerxética, tanto en iluminación como en climatización, que lles permitiron reducir o 35 % do consumo enerxético. «Grazas a estas medidas podemos aforrar 20 millóns de kwh ao ano, evitando a emisión de 7,8 millóns de kg de CO2», aseguran desde a empresa galega.

A compaña contribúe igualmente ao medioambiente reducindo a produción de residuos orgánicos e inorgánicos a través do programa “Desperdicio Cero”, que permite dar saída aos produtos das súas tendas, garantindo así que ningún alimento apto para o consumo sexa refugado. Todo por medio de descontos por próxima caducidade e doazóns directas a entidades sociais locais. Grazas a este programa, segundo indican desde a cadea, evitouse o desperdicio de 11.000 toneladas en 2019.

Compromisos como estes cobran especial importancia o Día Internacional contra o Cambio Climático, xa que poden axudar a reducir drasticamente o consumo de recursos e, deste xeito, contribuír a compatibilizar os obxectivos económicos cos criterios ecolóxicos.