A crónica do martes 13 de novembro, nun minuto

La Voz REDACCIÓN

CLAVES

O anuncio do Goberno sobre o fin do diésel, o afundimento da fragata norueguesa construída en Ferrol, a proposta de Alcoa para negociar o ERE e outras noticias que deberías saber a esta hora

13 novs 2018 . Actualizado ás 21:34 h.

Foi noticia

ALCOA, DISPOSTA A Ampliar Os PRAZOS DE NEGOCIACIÓN DO ERE SE TAMÉN NEGOCIA O PERSOAL DA Coruña

Tras o novo plante do comité de empresa de Alcoa na Coruña, a compaña anunciou que está disposta a ampliar a negociación do ERE máis aló do mes de decembro. A condición é que os representantes do persoal coruñés accedan tamén a acudir á mesa de negociación, como xa fixeron os traballadores da factoría de Avilés, para desbloquear un proceso que se iniciou o 30 de outubro e que estaba previsto qu durase un mes. A pesar da flexibilización dos prazos, no que Alcoa non se move é na súa decisión de pechar ambas as plantas. O comité da Coruña, que continúa coas mobilizacións, tamén insiste na súa postura: o ERE é ilegal.

O GOBERNO PON DATA PARA O FIN DO DIÉSEL E A GASOLINA: 2040

O Executivo de Pedro Sánchez traballa no borrador da Lei de cambio climático e transición enerxética, no que xa se fixou unha data para pór fin ás vendas e matriculacións de vehículos que xeren emisións directas de dióxido de carbono: 2040. Unha década despois, en 2050, non quedará circulando en España ningún coche que utilice diésel ou gasolina. Ese é, polo menos, o cronograma do Executivo socialista, que afectará tamén aos vehículos híbridos, de gas licuado do petróleo e de gas natural. 

FOMENTO QUERE IMPLANTAR PEAXE NAS AUTOVÍAS ESTA LEXISLATURA

A proposta lanzada a semana pasada polo ministro de Fomento, José Luis Ábalos, sobre a implantación de peaxes nas autovías podería pasar en pouco tempo do debate á realidade. O secretario de Estado de Infraestruturas, Pedro Saura, asegurou hoxe que o desexo do Goberno é que o debate se «peche canto antes, se é posible, dentro desta Lexislatura». Galicia veríase afectada as autovías da rede estatal, como a A-6 que parte de Arteixo e remata nas proximidades de Madrid; a A-8, que percorre a cornixa Cantábrica, ou a A-52, que parte do Porriño e empata en Benavente co ramal do norte cara á Meseta.

A frase

Fálase de...

Londres e a UE acariñan un acordo

Theresa May convocou este mércores aos seus ministros máis escépticos coa idea de que dean luz verde ao acordo coa UE que parece que fará realidade o brexit. Aínda que Bruxelas é cauta, parece que esta vez o texto fraguará.

É machista «Sen ti non son nada» de Amaral?

O Goberno de Navarra propón analizar nas aulas o machismo de cancións de Shakira, Melendi ou Malú que ata agora se consideraban de amor e que, na súa opinión, promoven a violencia contra as mulleres.

Aos lectores tamén lles interesou