A crónica do venres 9 de novembro, nun minuto

La Voz REDACCIÓN

CLAVES

A negativa de Alcoa a negociar máis aló dos despedimentos, as consecuencias do temporal en Galicia, a declaración do francotirador detido por tratar de matar a Sánchez e outras noticias que deberías saber a esta hora

10 novs 2018 . Actualizado ás 00:56 h.

Foi noticia

Os BANCOS, EXENTOS DE PAGAR O IMPOSTO DE HIPOTECAS ASINADAS COA IGREXA, O ESTADO E OUTRAS ORGANIZACIÓNS

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publica hoxe o real decreto lei aprobado o xoves polo Consello de Ministros co obxectivo de aclarar quen debe asumir o pagamento do imposto de actos xurídicos documentados: serán os bancos os que deban abonar este tributo que grava as hipotecas e que ata agora corría a cargo dos clientes, salvo nos préstamos concedidos á Igrexa, os partidos políticos con representación parlamentaria ou o Estado, entre outros.

VENTOS DE MÁIS DE 140 QUILÓMETROS POR HORA E PRECIPITACIÓNS DE ATA 99 LITROS POR METRO CADRADO NUN NOVO DÍA DE TEMPORAL

O ciclón que puxo Galicia outra vez en alerta e que traerá unha fin de semana de choiva e vento superou xa este venres as súas peores previsións: os refachos de vento chegaron aos 143 quilómetros por hora en Cedeira e os rexistros de choiva superaron os 80 litros por metro cadrado en Zas (84,4), Santa Comba (87,2) e Lousame (99), mentres que se rexistraron ondas de ata nove metros. As zonas máis afectadas polo temporal foron a costa da provincia da Coruña e de Pontevedra e a Xunta instou a suspender as actividades no exterior nestas áreas e na Mariña. Estas son algunhas das mellores imaxes desta xornada de mal tempo.  

ALCOA ACEPTA só quere negociar as condicións dos despedimentos

Os ministerios de Industria e Transición Ecolóxica, a Xunta, o Principado e os concellos da Coruña e Avilés constituíron o xoves unha fronte política para esixir a Alcoa que retire o expediente de regulación de emprego e séntese a negociar unha alternativa que garanta a continuidade das fábricas, un pacto que non fixo cambiar de postura á multinacional. Alcoa asegura que o seu obxectivo segue sendo negociar, pero cos sindicatos, as condicións dos despedimentos e un plan social para o persoal que amortigüe o golpe. Ata agora os comités de empresa da Coruña e Avilés están a darlle plantón porque consideran que o expediente é ilegal.

A frase

Quería quedar de patriota. Era unha fantasía estúpida provocada pola inxesta de alcol»

Fálase de...

A chiscadela de «O Xoves» a Rosalía (de Castro)

En metade do boom que está a xerar a Rosalía catalá co seu disco O Mal Querer, a revista satírica rescata á escritora galega nunha mordaz noticia que se está propagando polas redes sociais.

O novo anuncio de «Vivamos como galegos»

Gadis estrea un novo episodio da súa exitosa campaña coas meigas como eixo. Esta vez o protagonista do anuncio é un neno que, como tantos outros, vive pegado á pantalla dun teléfono móbil.

Aos lectores tamén lles interesou