A crónica do martes 30 de outubro, nun minuto

La Voz REDACCIÓN

CLAVES

A entrega do Premio Fernández Latorre ao presidente de Portugal, a subida das peaxes na AP-9, a retirada de produtos homeopáticos das farmacias e outras noticias que deberías saber a esta hora

30 oct 2018 . Actualizado ás 21:44 h.

Foi noticia

O PRESIDENTE DE PORTUGAL, MARCELO REBELO DE SOUSA, RECIBE O PREMIO FERNÁNDEZ LATORRE DE MANS DE FELIPE VI

O presidente da República Portuguesa, Marcelo Rebelo de Sousa, recibiu este martes de mans de Felipe VI o 60.º Premio Fernández Latorre pola súa promoción das relacións bilaterais entre España e Portugal. O premiado asegurou sentirse en Galicia como «na familia máis próxima», mentres que o presidente de La Voz de Galicia, Santiago Rey Fernández-Latorre, destacou que o líder luso é un «home de ideais e de acción» e de «personalidade irredutible». O Rey , pola súa banda, subliñou a modélica relación de irmandade e veciñanza entre España e Portugal, «un exemplo de cohesión e eficacia para toda a UE»

ABANCA GAÑA CASE 400 MILLÓNS DE EUROS, UN 44 % MÁIS, TRAS A VENDA DE ITÍNERE

Abanca completou o terceiro trimestre do ano cun beneficio de case 400 millóns de euros (398,3, en concreto), unha ganancia que se eleva un 44 % sobre o mesmo período do ano anterior grazas ao dinamismo do propio mercado bancario (a súa marxe de negocio crece un 12 %), pero, sobre todo, impulsado pola venda da súa participación en Itínere, é dicir, no grupo de autoestradas que xestionan, entre outras, a rendible AP-9. 

CIRCULAR POR AUTOESTRADA EN GALICIA SERÁ MÁIS CARO DESDE MAÑÁ

Circular por autoestrada entre as principais cidades de Galicia será máis caro a partir de mañá. O BOE publicou hoxe a decisión tomada o venres polo Consello de Ministros de compensar a Audasa con dúas subidas extraordinarias do 1 % cada unha en todas as peaxes da AP-9 polo investimento realizado pola concesionaria da autoestrada na ampliación da ponte de Rande e na circunvalación de Santiago, así como para sufragar as tarifas dos vehículos que desde o ano 2013 non pagan a viaxe de volta no eixo Vigo-Pontevedra.

A frase

Fálase de...

Miles de produtos homeopáticos deberán ser retirados das farmacias

Un total de 2.008 tratamentos homeopáticos solicitaron autorización de comercialización en España. O resto non poderán ser xa comercializados e aqueles que se atopen nas farmacias deberán ser retirados.

Un novo rostro para un kenyano atacado por unha hiena

O ataque dunha hiena no 2012 deixou a Lonunuko Lekidenie sen os dedos dunha man e sen parte da cara. Non podía comer nin falar ben. O doutor Cavadas acaba de reconstruírlle o rostro e a man.

Aos lectores tamén lles interesou