A crónica do venres 26 de outubro, nun minuto

La Voz

CLAVES

A subida de peaxes na autoestrada AP-9, a reprobación de Colau ao rei, Bescansa deixa a política e outras noticias que deberías saber a tal hora

26 oct 2018 . Actualizado ás 20:56 h.

Foi noticia

O GOBERNO APROBA SUBIR XA As PEAXES DA AP-9

A última enquisa do CIS supuxo un duro golpe ao Partido Popular. Os de Pablo Casado, segundo o barómetro deste xoves, caerían á terceira posición en estimación de voto cun 18,2 % dos apoios tras o «sorpasso» de Cidadáns. Os de Albert Rivera converteríanse, desta forma, na segunda forza política cun 21 % dos apoios. O PSOE de Pedro Sánchez repite como primeira forza por terceira enquisa consecutiva e, ademais, acada o seu máximo no que vai de ano ao axuntar un 31,6 % dos votos. Unidos Podemos e a suma das súas confluencias continuaría coa súa mellora e lograría un 17,3 %, o que lle deixaría a tan só nove décimas de acadar aos populares. 

COLAU TAMÉN REPROBA O REI E O Executivo RECORRERAO

A alcaldesa de Barcelona sumouse á declaración institucional presentada pola CUP, co apoio de En Comú, PDeCAT e ERC, que «condena o posicionamento do rei Felipe VI » en relación co «conflito catalán» e aposta pola «abolición» da monarquía. Horas antes, o Goberno anunciou a súa decisión de recorrer ao Tribunal Constitucional a resolución do Parlament de Cataluña na que tamén se reprobou ao rei. O Executivo farao «por sentido de Estado», sinalou a portavoz Isabel Celaá. O Consello de Estado, con todo, considerou que este recurso non é a canle «idónea».

BESCANSA DEIXA A POLÍTICA 

A deputada Carolina Bescansa anuncia que abandona a política para volver á universidade, despois de perder as primarias á secretaría xeral de Podemos Galicia. A cofundadora da formación morada advirte de que «nunca» deixará Podemos, a pesar de retirarse da actividade política. Entregará a acta, aproximadamente, no mes de marzo, cando finalice a comisión de investigación sobre o financiamento irregular do PP.

A frase do día

O CICLISTA ATACADO: «ASOMEIME E DÍXENLLE: 'XEFE, PERO ESTÁ TOLO? ¡QUE NOS PODE MATAR!»

Os dous ciclistas atacados por un camioneiro cun martelo relatan os feitos 24 horas despois do suceso. Un deles recoñece subirse ao estribo da cabina para recriminar ao transportista a forma na que lles pasou instantes antes. O condutor, pola súa banda, denunciou que os ciclistas lle «largaron unha puñada» mentres levaba o camión.

Fálase de..

Morre un mozo que ía sen cinto nun coche que chocou contra un poste de luz en Sada

O copiloto dun turismo, veciño de Oleiros, faleceu a pasada madrugada nun accidente nos arredores do centro urbano de Sada. O condutor chocou contra un poste da luz tras saírse da vía nunha curva.

O FBI detén a un sospeitoso polo envío de paquetes explosivos nos Estados Unidos

Un home, simpatizante do Partido Republicano, foi detido polo FBI en Florida como sospeitoso de ter enviado unha ducia de paquetes sospeitosos dirixidos a personaliades críticas con Donald Trump.

Aos lectores tamén lles interesou

[[::0031_2018105853342545001]]