A crónica do mércores 29 de agosto, nun minuto

LA VOZ

CLAVES

Tensión en Cataluña polos lazos amarelos, caída no Ibex 35 de Inditex, Pedro Duque sae en defensa de Rober Adegas, o futuro do Val dos Caídos e outras noticias que deberías saber a tal hora

29 ago 2018 . Actualizado ás 21:22 h.

Foi noticia

Os LAZOS AMARELOS TENSAN A SITUACIÓN EN CATALUÑA

Albert Rivera e Inés Arrimadas achegáronse a un valo no pobo barcelonés de Alella e empezaron a retirar lazos amarelos. A xustificación: «Limpar o espazo público» de simboloxía independentista e ideolóxica. Varios veciños, ao pouco tempo, volveron colocar o símbolo de solidariedade cos políticos separatistas en prisión. O presunto agresor dunha muller de nacionalidade rusa que tamén retirou lazos amarelos na capital catalá foi detido por un delito de odio e outro de lesións. No medio da crise de lazos en Cataluña, os avogados de Puigdemont recoñeceron este mércores que falsearon as declaracións do xuíz Llarena.

 

UN INFORME NEGATIVO CONDENA A Inditex EN BOLSA

A xigante téxtil galega sufriu un duro revés no parqué este mércores. A axencia Morgan Stanley ve síntomas de esgotamento no potencial económico de Inditex e, coa publicación dun informe negativo, lastrou á compaña ata rexistrar a súa maior caída desde o pasado 23 de febreiro. Inditex acumulou un retroceso do 5,66 % ao longo da xornada. No que vai de ano, as accións anótanse unha caída do 6,76 %.

ENFRONTAMENTOS ENTRE PESCADORES INGLESES E FRANCESES

 A 22 quilómetros da costa de Normandía, pescadores ingleses e franceses viviron unha violenta disputa pola recolección das vieiras. Ata 35 pescadores franceses rodearon aos británicos para guindarlles pedras e outros obxectos, ademais de insultarlles. Os ingleses tiveron que pedir protección á Royal Navy. Os galos acúsanlles de esgotar as reservas de mariscos na zona.

A frase do día

Fálase de...

O Val dos Caídos non será un museo para a memoria colectiva

O Goberno propón que o Val dos Caídos sexa só un cemiterio civil, e non un museo de memoria colectiva como propuxo o PSOE a finais do 2017. «Non pode ser un lugar de reconciliación», advertiu Pedro Sánchez. 

Un incendio activo xunto á A-52 calcina máis de 20 hectáreas en Monterrei

O lume consumiu polo menos 20 hectáreas en Vilaza, Monterrei, a poucos metros da A-52. O lume mantense activo e sen controlar, pero Medio Rural advirte de que a circulación da autovía non corre risco.

Aos lectores tamén lles interesou