O ciclo Imos contar a Ciencia aborda mañá o cancro

La Voz FERROL

CIENCIA

CESAR QUIAN

O xoves ás 19.30 horas

12 jun 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Begoña Graña, doutora especialista do servizo de Médica Oncoloxía do CHUAC ofrecerá unha conferencia titulada «Cancro: unha cuestión de familia?», mañá, ás 19.30 horas, na terceira planta da Biblioteca Municipal de Ferrol. É a novena charla do terceiro ciclo Imos contar a Ciencia. Os promotores desta iniciativa indican que xa están a preparar o cuarto ciclo, con novas sesións divulgativas.