O científico vigués David Posada , entre os máis citados a nivel mundial

EFE VIGO

CIENCIA

Cedida

Foi incluído por decimoséptimo ano consecutivo na listaxe «Highly Cited Researchers»

20 novs 2017 . Actualizado ás 19:25 h.

O catedrático da Universidade de Vigo David Posada foi incluído por decimoséptimo ano consecutivo na listaxe «Highly Cited Researchers», que engloba aos principais investigadores das ciencias e ciencias sociais de todo o mundo con máis citas.

En total, informa a institución académica viguesa no seu diario dixital, son preto de 3.400 os expertos que aparecen este ano na mencionada lista.

A mesma elabórase a partir dos artigos que están entre o 1% dos máis citados por campo e ano publicados en revistas científicas indexadas na web «Science Core Collection» entre os anos 2005 e 2015.

Posada explica que a maioría das citas cuantificadas correspóndense a algúns dos seus traballos antigos xa que «non é que estea a publicar traballos novos cada ano que son moi citados», apunta, «senón que son papers antigos que seguen recibindo moitas citas».

De feito é o autor dun artigo publicado en 1998 na revista «Bioinformatics» que está no posto setenta dos traballos máis citados da historia, «con 20.000 citas ou máis».

De ser un investigador recoñecido polo seu traballo no campo da bioloxía evolutiva, Posada pasou a investigar o cancro, un mundo que, di, «é máis complicado e no que hai moito máis en xogo»