Diego Alende regresa ao Lugo cedido polo Valladolid

LA VOZ

CDLUGO

Óscar Vázquez

O central santiagués incorporarase ao equipo «de inmediato» para cumprir a súa segunda tempada como branquivermello

22 jul 2021 . Actualizado ás 18:37 h.

O Club Deportivo Lugo fixo oficial este xoves unha nova fichaxe que se daba por feito desde hai días. Volve Diego Alende. E como a pasada tempada, faino en calidade de cedido polo Real Valladolid , co que ten contrato ata o 30 de xuño do 2023. A incorporación do central santiagués, de 23 anos, converteuse nunha prioridade para os dirixentes albivermellos despois de que Pacheta, o técnico do conxunto valisoletano, desvelase que non entraba nos seus plans.

Alende xa vestira de branquivermello a pasada tempada. Disputou 30 partidos, 22 deles como titular e viu tres cartolinas amarelas. Convértese no cuarto reforzo do Lugo para o novo curso tras os xa anunciados de Juan Antonio Ros (Villareal B), Chris Ramos (Valladolid ) e David Mayoral, que chega a préstamo do Cádiz.