Ata as lexións romanas e castrexas acudiron a apoiar ao Lugo

I.M.B.

CDLUGO

Óscar Cela

Ao redor de 200 afeccionados participaron no multitudinario recibimento ao equipo antes do decisivo partido ante o Zaragoza

30 abr 2021 . Actualizado ás 20:44 h.

A quedada convocada pola afección para recibir e animar ao equipo na súa chegada ao estadio tivo unha resposta masiva. Máis afeccionados que nunca —ao redor de 200— concentráronse nos arredores do Anxo Carro para transmitir o seu apoio ao equipo dirixido por Rubén Albés, conscientes de que o duelo encerra unha relevancia brutal no futuro do club en Segunda División. Á chamada de socorro dos afeccionados máis fieis sumáronse ata as lexións romanas e castrexas que cada ano animan as rúas da capital cos seus desfiles e actividades durante o multitudinario Arde Lucus. Como nas anteriores ocasións nas que a inchada mobilizouse para recibir ao equipo, o fume das bengalas e os cánticos converteron nun verdadeiro fervedoiro a chaira anexa ao estadio lucense.