Ucraína chama a Lebedenko para dous partidos da selección-21

I.MEITIÍN BUJÁN

CDLUGO

Daniel Marzo

O xogador do Lugo participará nos partidos ante Romanía e Grecia e perderase o encontro do seu equipo en Almería

28 sep 2019 . Actualizado ás 19:06 h.

O xogador albivermello Orest Lebedenko foi convocado para disputar os dous próximos partidos da selección ucraína sub-21. O primeiro será o 10 de outubro en Romanía, valedoiro para a fase de clasificación para o Europeo, e o segundo, en Atenas ante a selección de Grecia, está previsto para o luns 14, polo que o defensa de Lviv causará baixa no Lugo na visita ao campo do Almería.