Loito no CD Lugo polo falecemento do pai de Iriome

I.M.B.

CDLUGO

ALBERTO LÓPEZ

O concurso do xogador tinerfeño ante o Granada non está garantido

18 abr 2019 . Actualizado ás 10:42 h.

O concurso de Iriome co CD Lugo ante o Granada, o sábado ás 16.00 horas no Anxo Carro, é unha incógnita. O futbolista tinerfeño tivo que viaxar ata a súa terra polo falecemento do seu pai a última hora deste mércores. A noticia causou un fondo pesar no persoal branquivermello, onde Iriome é o terceiro capitán e un dos xogadores máis apreciados.