«A permanencia depende de nós», congratúlase Sergio Gil

I.M.B.

CDLUGO

ALBERTO LÓPEZ

O centrocampista do Lugo ve ao seu equipo ben preparado para recibir ao Granada

17 abr 2019 . Actualizado ás 19:08 h.

Non hai dúbida de que a ilusión está polas nubes no vestiario do equipo branquivermello de cara ao duelo do sábado ante o Granada e ao que resta de competición. Nas consecuencias da goleada en Córdoba insistiu Sergio Gil na súa visita á sala de prensa do Anxo Carro. «É un alivio e unha alegría inmensa. Estabamos a facer boas cousas e non lograramos os resultados. É unha boa inxección de moral para enfrontarnos ao Selecta», subliñou o centrocampista maño.

«Nós o único que pensamos é que a permanencia depende de nós. Se seguimos sumando de 3 en 3 non haberá problemas», engadiu Gil, que podería recuperar a titular nun partido ante o Granada que prevé «distinto ao da primeira volta». «Os dous equipos estamos a xogarnos moito. Será intenso e moi competido», manifestou na súa comparecencia.