«Quedada» para dar ánimos ao equipo desde a súa chegada ao estadio

I.M.B.

CDLUGO

ÓSCAR CELA

A Federación de Penas de Lugo impulsa a iniciativa para o partido ante o Granada

16 abr 2019 . Actualizado ás 18:25 h.

A Federación de Penas do Club Deportivo Lugo xa traballa noutra iniciativa pensada para dar alento ao equipo ante nova cita cargada de transcendencia como é o partido do sábado ante o Granada, que arrincará ás catro da tarde. «Debido ao carácter transcendental do encontro, pretendemos facer unha quedada previa para animar aos nosos xogadores ás 14.15 horas na entrada do estadio Anxo Carro», apuntan desde o colectivo.

Lembran ademais que o bar da Federación de Penas situado no Pazo de Feiras e exposicións abrirá como de constumbre desde a 1 ata as 4 da tarde. «A primeira hora haberá prezos especiais e como novidade repartiremos tapas de raxo gratis con cada consumición. Todo co obxectivo de atraer á maior cantidade de xente posible neste final de competición», informan.