Alejo Ares e Raquel Meaños imponse no autonómico de milla en ruta

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

CDLUGO

XOAN A. ADOITAR

O Mehdi O Nabaoui (A Estrada) e Lucía Sicre (Ría de Ferrol) foron os mellores en Sub-20 e Sub-18 nas rúas de Santiago

08 abr 2019 . Actualizado ás 11:27 h.

Alejo Ares, do Proinor, alzouse co triunfo na segunda edición da Milla Urbana Portas de Compostela, Campionato de Galicia de Milla en Ruta, cun tempo de 4 minutos e 34 segundos.

A un segundo entrou Elián Numa López, do Coruña Comarca, e a tres Ivo Maseda, do Lugo Ramos Loures. O cuarto clasificado, a un só paso do podio final foi Pablo Bocelo, do club anfitrión, o Atletismo Santiago, a oito segundos.

No cadro feminino impúxose a vilagarciá Raquel Meaños (Valencia Sports), cun tempo de 5:34. Completaron o podio Laura Santos (Lucus), a 6 segundos, e Aida Martínez (Porriño), a 25 segundos.

Categorías de idade

En categoría sub-20 e sub 18 os mellores foron O Mehdi O Nabaoui (A Estrada) e Lucía Sicre (Ría de Ferrol). En Máster 35 e 40, Amador Pena (O Pino) e Cristina Estévez (Celta ). E en categoría de atletas de máis corenta e cinco anos de idade, Juan Antonio Gude (Lucus) e Inés Papín (Sada).

Na proba popular sénior os primeiros clasificados na carreira foron Víctor Alonso (As Pontes) e Andrea Trepat.